O BNG defende no Pleno a xestión directa dos servizos públicos

O BNG defende no Pleno a xestión directa dos servizos públicos

No pleno deste xoves, no que se debateu o novo Regulamento Municipal de Saneamento, o Bloque Nacionalista Galego solicitou a inclusión no seu texto da preferencia explícita pola xestión directa do servizo, solicitude que non foi tida en conta polo equipo de goberno.

Tomando como excusa unha falsa eficiencia económica da xestión privada, desvíanse recursos económicos que acaban en contas en Suíza ou adicados a fins pouco lícitos, tal e como todos estamos a ver na actualidade. A xestión privada dos servizos públicos converteuse nun foco de malas praxis, enchufismo, e corruptelas a grande escala.

O propio Tribunal de Contas estatal, no seu nforme de fiscalización do sector público local do exercicio 2011, indica que a xestión privada do servizo de recollida do lixo sae aos cidadáns ata un 71% máis cara, sendo a xestión pública dos servizos máis económica e de maior calidade.

Entendemos que se debe tender a unha xestión pública onde se prime a transparencia na contratación do persoal, dacordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e primen tamén a eficacia na xestión económica e o beneficio social, superando ese mito, profusa e interesadamente difundido, do aforro da xestión privada, que a día de hoxe non se ten xa en pé.

O BNG defende no Pleno a xestión directa dos servizos públicos