xestión
Novas
20260106 torre de celas xanela rx

O Goberno Municipal é incapaz de tramitar a subvención para a recuperación da Torre de Celas

O Goberno Municipal non foi quen de presentar a solicitude para participar no programa de subvencións da Deputación para recuperar bens patrimoniais.

4 días antes de rematar o prazo o BNG preguntou polo estado da solicitude.

A Torre de Celas, único Ben de Interese Cultural do noso Concello e que se atopa nun estado lamentábel, podía aspirar a até 150.000€ de axuda.

O prazo de presentación de solicitudes era de 3 meses. A solicitude de Culleredo foi asinada media hora despois de rematado o prazo, facendo imposíbel o seu rexistro.
 

Ler novas
Novas
O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro

Culleredo precisa rescatar a súa Administración

O BNG recibiu queixas de traballadores municipais por numerosas vacantes sen cubrir en diversos departamentos.

Esta falta de persoal impide o normal funcionamento da Administración local.

O propio Servizo de Persoal ten 4 vacantes sen cubrir de 7 postos de traballo, realizándose os trámites de nóminas e Seguridade Social dende o Concello de Pontedeume.

É hora de pór fin a esta situación, non sabemos até que punto buscada polo actual Goberno Municipal, e recuperar a Administración do Concello de Culleredo e poñela a traballar para garantir o benestar da súa veciñanza.

Ler novas
Vídeo
Xestión nefasta da concesión da Garrocha

Xestión nefasta da concesión da Garrocha

O Goberno Local de Culleredo (PSOE) deixou sen cobrar máis de 250.000€ do canon do contrato de concesión das instalacións deportivas da Garrocha. De forma reiterada e deliberada, deixou sen atender as múltiples alertas de incumprimentos no contrato que o BNG de Culleredo viña sinalando durante anos.
Ler novas
Novas
Vilaboa lixo

Queixas veciñais pola mala xestión das festas

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo está a receber numerosas queixas da veciñanza de Vilaboa polos resultados das festas de Vilaboa e pola preocupación existente de cara ás do Burgo, mostra da escasa confianza nas promesas feitas recentemente polo Goberno Municipal.

Ler novas