Aniversario da ruptura do pacto
08 maio 2014 - 16:21
Hoxe fai un ano da nosa saída do goberno municipal, ao romper o PSOE o pacto. Foron uns anos intensos, e anque a ruptura truncou algúns proxectos en marcha, outros pouco a pouco van xermolando.
Queremos agradecer a labor levada a cabo polos traballadores e traballadoras municipais e polas distintas asociacións que colaboran co Concello, así como as mostras de afecto que aínda seguindo recibindo, e animalos a seguir traballando para axudar a eses veciños e a esas veciñas que o están a pasar realmente mal.