ANA MIRANDA RENOVA O SEU COMPROMISO COA RÍA DO BURGO

ANA MIRANDA RENOVA O SEU COMPROMISO COA RÍA DO BURGO

#riadoburgoNun acto celebrado onte no Paseo Marítimo do Temple, ao pé da Ría do Burgo, Ana Miranda comprometeuse a seguir loitando dende o Parlamento e as institucións europeas para a recuperación da mesma, unha das zonas costeiras máis contaminadas da Unión Europea, o que definiu non só como un problema medioambiental, senón tamén de seguridade e de saúde pública.

Ana Miranda recriminou aos políticos dos grandes partidos estatais que o seu interese polos problemas dos galegos e galegas desaparece pasadas as eleccións, lembrando como o PP fixo todo o posíbel para edulcorar o informe sobre a Ría elaborado polos Eurodeputados que a visitaron, e como José Blanco, na súa época de ministro de Fomento, non invistiu nin un só euro na súa rexenación.

No acto, que presentou Rocío Sampedro, concelleira do BNG en Culleredo, e ao que asistiron varios centos de persoas, interveu tamén Manuel Baldomir, mariscador da Confraría da Coruña e membro da Plataforma pola Defensa da Ría, que falou de como a Ría daba traballo a máis de dúas mil persoas, mentres que agora non chegan a cen as que, cada vez con maiores dificultades, traballan nela.

ANA MIRANDA RENOVA O SEU COMPROMISO COA RÍA DO BURGO