Defendamos a nosa Ría en Europa!!!

Defendamos a nosa Ría en Europa!!!

tmp_20140414_acto_ria_do_burgo_web_2-1359751622O luns 14 de abril ás 20.00 horas terá lugar na ría do Burgo, detrás da Casa das Palmeiras, (zona do Paraugas) un acto público do BNG no que participará a nosa candidata ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda; e Manuel Baldomir, mariscador a pé na ría.

No acto tratarase a situación social, ambiental e política da nosa ría, reiteradamente maltratada polo goberno do estado; e as loitas sociais e políticas emprendidas polo BNG na súa defensa, onde Ana Miranda e o BNG, xunto con entidades sociais e veciñais, mantiveron un papel destacado na busca de solucións e alternativas dignas para o futuro da ría.

Defendamos a nosa Ría en Europa!!!