As ANPA's mobilízanse en demanda do Instituto

As ANPA's mobilízanse en demanda do Instituto

As ANPA's de Culleredo, apoiadas polas nais e pais que onte se xuntaron no Edificio de Servizos Múltiples, acordaron iniciar medidas de presión para conquerir a construción do novo IES e que este entre en servizo xa no curso escolar 2014-2015.

A primeira das accións será, este martes día 8, a entrega masiva de escritos no rexistro da Xunta de Galiza (Edificio Administrativo de Monelos) dirixidos ao Presidente e ao Conselleiro de Educación, que podedes descargar a través da seguinte ligazón: http://ir.gl/e1b7cd

Para facilitar que se entregen o maior número posíbel de escritos acordouse facelo en horario de mañán e de tarde, e facilitar un autobús, que sairá de Tarrío ás 10.00 e ás 17.00 e irá facendo paradas nos distintos centros escolares (CEIP Díaz Pardo, CEIP Sofía Casanova, IES Blanco Amor, CEIP Ría do Burgo e Colexio Ponte Pasaxe) para recoller a aquelas persoas que non poidan desprazarse por outros medios. Podedes poñervos en contacto coas ANPA's para ampliar a información.

Dende o BNG de Culleredo queremos amosar todo o noso apoio ás ANPA's e ás familias de Culleredo nas súas reivindicacións, ao tempo que lamentamos a pasividade do Goberno municipal nun problema do que eran plenamente conscientes dende hai moito tempo, pois teñen de primeira man os datos de poboación en idade escolar, do que foron reiteradamente avisados e do que non se fixo nada por solucionalo ata atoparse nunha situación insostíbel.

As ANPA's mobilízanse en demanda do Instituto