PATRIMONIO

Solicitude de informe sobre a afectación do Proxecto de ampliación do Casino a parcelas públicas ou comunais

Montaxe de planos catastrais históricos da Zapateira
Montaxe de planos catastrais históricos da Zapateira

Este xoves reiteraremos no Pleno a solicitude de apertura dun expediente de comprobación sobre a afectación do "Plan de equipamentos en solo rústico do Casino da Coruña" a propiedades municipais ou en man común.

Esta solicitude foi denegada polo Goberno Municipal nas Comisións Informativas da semana pasada. Para presentala ao Pleno contouse co apoio de concelleiros de Alternativa dos Veciños, Marea Veciñal e da concelleira non adscrita

Xa no 1901 hai constancia de "montes de los pueblos" na Zapateira. No ano 1958 a parcela ocupada actualmente polo Casino aínda constaba no Catastro a nome do Estado.

As probas documentais atopadas, xunto coas testemuñas recollidas, son indicios suficientes como para que o Concello realice as pesquisas pertinentes e actúe despois en consecuencia.

Solicitude de informe sobre a afectación do Proxecto de ampliación do Casino a parcelas públicas ou comunais
Tras ser rexeitada polo Goberno Municipal nas Comisións Informativas da semana pasada, no Pleno deste xoves reiteraremos a petición de apertura dun expediente de comprobación sobre a afectación do "Plan de equipamentos en solo rústico do Casino da Coruña" a propiedades municipais ou en man común.

A iniciativa conta co apoio de concelleiros de Alternativa dos Veciños, Marea Veciñal e da concelleira non adscrita, para cumprir coa exixencia do Regulamento Orgánico que establece un terzo dos membros da Corporación.

De acordo coa documentación á que tivo acceso o BNG de Culleredo, xa no 1901 se recollía a existencia de "montes de los pueblos" na Zapateira, entre o Monte Común do Espiño, a parroquia de Culleredo e a de Morás. No ano 1958 a parcela que actualmente ocupa o Casino aínda constaba rexistrada no Catastro a nome do Estado.
 
Esta é a forma que constan en múltiples casos os montes veciñais debido ao invencionismo administrativo sobre eles durante os séculos XIX e XX. Pero hai que lembrar que o monte veciñal é imprescriptible e inalienable.

Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, "as probas documentais, xunto coas testemuñas que nos foron chegando de veciños e veciñas de Vilaboa, son indicios abondo para que o Concello realice as pesquisas pertinentes, tal e como se comprometeu por medio dun Convenio asinado coa Asociación de Veciños de Rutis, e para que actúe despois en consecuencia".