Consulta o traballo realizado polo grupo municipal nos últimos catro anos

Consulta o traballo realizado polo grupo municipal nos últimos catro anos

CONSULTA AQUÍ UNHA ESCOLMA DO TRABALLO REALIZADO POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DURANTE A LEXISLATURA 2019-2023

Ti sabes, coma nós, que Culleredo precisa dun cambio. Merecemos moito máis. Mereces un concello que escoite as túas necesidades e poña por diante os intereses da veciñanza. Mereces un goberno honesto, decente, áxil, eficiente, participativo, transparente. Queremos impulsar un novo Culleredo, contigo.

O BNG demostra día a día, concello a concello, que é un valor seguro na política municipal, transformando vilas de toda Galiza en referentes internacionais de calidade de vida: de Carballo a Pontevedra, de Ribadeo a Allariz. O BNG ten as mans libres para impulsar un proxecto de futuro para Culleredo, sen ataduras, só cos intereses da veciñanza como luz de guía.

Mereces máis que cemento e formigón. Mereces auga limpa na túa billa, servizos públicos de calidade, espazos de ocio e lecer, áreas verdes para desfrutar da natureza na túa parroquia, unha ampla oferta de comercio local… Mereces, en definitiva, un concello no que poidas confiar para acadar as túas aspiracións como persoa, como familia, como veciña ou veciño de Culleredo.

Queremos que te sumes a este proxecto, coa ilusión de saber que a partir do 28 de maio un novo Culleredo é posible. Non deixamos de traballar nin un só día para acadar un novo modelo de desenvolvemento municipal coa colaboración da veciñanza. Sábeno ben todas as asociacións, as persoas, os colectivos que nalgún momento sentiron a necesidade de que alguén lles botase unha man nos seus problemas. Somos veciñas e veciños preparadas, traballadoras, ilusionadas coma ti por cambiar as cousas, e levamos toda esa ilusión e esforzo ao noso traballo desde o concello.

Vota BNG para que partir do día 28 de Maio abramos un tempo novo para Culleredo. Porque lle queremos ben a este pobo, podes contar co noso equipo para facer de Culleredo un concello no que sentir orgullo de crear o teu fogar.

Consulta o traballo realizado polo grupo municipal nos últimos catro anos