PLAN DIRECTOR AEROPORTO

O BNG interésase polo contrato da asesoría para as alegacións do aeroporto

Terminal do Aeroporto desde O Bosque
Terminal do Aeroporto desde O Bosque
O BNG non atopou nengunha referencia á existencia dun expediente para a contratación do contrato de asesoría para a redacción das alegacións ao proxecto do Plan Director do Aeroporto.
 
Como en calquera contrato de servizos das Administracións Públicas, ademais de figurar cal é a empresa ou profesional contratada, deberían figurar os requisitos e a solvencia exixidos.
 
Se como parece non se celebra o Pleno Ordinario correspondente ao mes de agosto, e non téndose reunido a Comisión Especial de Seguemento do Plan Director dende a súa constitución, carécese de información do estado en que está a redacción das alegacións.
 
Gustaríanos coñecer as condicións do contrato e os avances na elaboración das alegacións, e que se dese a oportunidade de realizar aportacións tanto aos restantes partidos políticos de Culleredo como á cidadanía en xeral.
O BNG interésase polo contrato da asesoría para as alegacións do aeroporto
O BNG de Culleredo dirixirase ao Goberno Municipal para preguntar polo contrato para o asesoramento na redacción das alegacións ao proxecto de Plan Director do Aeroporto.

O BNG tivo coñecemento dese contrato de servizos polas declaracións do propio Goberno Municipal recollidas na prensa, pero á hora de consultalo non atopou nengunha referencia á existencia dun expediente para a súa contratación.

Nese expediente, ademais de figurar cal é a empresa ou profesional contratadas, deben figural cales foron os requisitos exixidos. Entre estes requisitos estarían as cualificacións técnicas ou a experiencia previa en traballos similares.

Tono Chouciño, concelleiro nacionalista, amosou a súa preocupación porque "acabamos de coñecer a intención do Goberno Municipal de non celebrar este mes Pleno Ordinario, e a Comisión Especial de Seguemento do Plan Director só celebrou unha sesión, a constitutiva, polo que os prazos corren mentras que o Goberno Municipal está instalado no mutismo absoluto".

Para o representante do BNG "a intervención do alcalde e da persoa que presentaron como asesor na reunión celebrada no Concello, asegurando que aínda non se miraran o impacto da nova pegada sonora, non se pode decir que nos deixaran moi tranquilos. Saímos con máis dúbidas das que entramos, polo que nos gustaría coñecer os detalles do contrato e os avances que se están a realizar na redacción das alegacións, e que dese a oportunidade de poder colaborar con aportacións tanto aos restantes partidos políticos de Culleredo como á cidadanía en xeral".