INVESTIMENTOS

O Pleno de Culleredo aproba 4 propostas do BNG como emenda ao Orzamento da Xunta

Concelleiros do BNG de Culleredo
Concelleiros do BNG de Culleredo

O Plan de Mobilidade para o Parque de Acea de Ama, un paso seguro para cruzar a AC-523 en Ledoño, un Instituto de Educación Secundaria no noso rural e unha piscina olímpica, foron as propostas presentadas polo BNG e aprobadas polo Pleno.

Segundo os acordos aprobados, o Concello de Culleredo presentará estas propostas como emendas ao Orzamento da Xunta para 2024.

O Pleno de Culleredo aproba 4 propostas do BNG como emenda ao Orzamento da Xunta

O Pleno do Concello de Culleredo celebrado o 31 de outubro de 2023 ás 20:00 horas, aprobou —coa abstención do PP, agás no “Plan Especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo PE-3” e o IES para o rural, que foron con unanimidade— as catro propostas presentadas polo BNG para o seu debate como mocións. Estas propostas procuraban que o Concello de Culleredo presente emendas ao Orzamento da Xunta para 2024. Ditos orzamentos non contan con ningún investimento directo no concello de Culleredo, polo que o BNG propuxo ao Pleno para o seu debate e aprobación emendas para incluir nos orzamentos da Xunta os seguintes catro proxectos:

  • A execución do Plan de Ordenación Viaria incluido no “Plan Especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo PE-3”, redactado pola propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e aprobado polo Concello de Culleredo en sesión plenaria do 29 de novembro de 2012, que inclúe a construción de beirarrúas, pasos seguros para peóns e dotación de luminarias no Parque de Acea de Ama.
  • O estudo, licitación e execución das obras necesarias para dotar de solucións para a mobilidade peonil o ámbito da AC-523 ao seu paso por Ledoño, onde a alta densidade de tráfico aumenta o perigo para peóns e ciclistas que transitan ou precisan cruzar esta via.
  • Asegurar a dotación ao rural de Culleredo dun centro que imparta Educación Secundaria Obrigatoria, sexa a través dun IES ou dun CPI, que evite o agravio das familias do rural en canto ao acceso á ensinanza obrigatoria, xa que o alumnado das parroquias rurais pasan preto de 2 horas diarias no transporte pública para achegarse ao seu instituto.
  • A dotación dunha piscina olímpica no Concello de Culleredo.
O Pleno de Culleredo aproba 4 propostas do BNG como emenda ao Orzamento da Xunta