Rutis
Novas
Fonte de Vilaboa

Canto nos custa a nova fonte ornamental de Vilaboa?

- Segundo o proxecto, o custe total ascendería a 110.408,66€
- Descoñécese se o seu prezo foi rebaixado na oferta gañadora do contrato.
- O retraso na execución da obra debería acarrear unha penalización económica para a empresa adxucidataria.
- Non moi lonxe desa rotonda hai rúas onde a veciñanza reclama melloras básicas que seguen sen ser satisfeitas.
Ler novas
Novas
CEIP Vila de Rutis

O concello de Culleredo, condenado a repagar, unha vez máis, por parcelas do colexio Vila de Rutis

A parcela nº 5 cuadriplicará o seu prezo final e case 200.000 euros sairán das arcas municipais

O BNG pregunta como afectará ao orzamento e se queda algunha sorpresa máis sobre estes terreos

Tamén houbo que engadir pagos pola parcela nº 7

Ler novas
Novas
montaxe planos Zapateira, área do Casino

Solicitude de informe sobre a afectación do Proxecto de ampliación do Casino a parcelas públicas ou comunais

Este xoves reiteraremos no Pleno a solicitude de apertura dun expediente de comprobación sobre a afectación do "Plan de equipamentos en solo rústico do Casino da Coruña" a propiedades municipais ou en man común.

Esta solicitude foi denegada polo Goberno Municipal nas Comisións Informativas da semana pasada. Para presentala ao Pleno contouse co apoio de concelleiros de Alternativa dos Veciños, Marea Veciñal e da concelleira non adscrita

Xa no 1901 hai constancia de "montes de los pueblos" na Zapateira. No ano 1958 a parcela ocupada actualmente polo Casino aínda constaba no Catastro a nome do Estado.

As probas documentais atopadas, xunto coas testemuñas recollidas, son indicios suficientes como para que o Concello realice as pesquisas pertinentes e actúe despois en consecuencia.

Ler novas