medioambiente
Novas
Visita ao solar con Mercedes Queixas o 19 de novembro

Recheos sen licenza na Rúa Pablo Picasso

A autorización de Augas de Galiza, actualmente en trámite, é previa á concesión de calquera licenza de obra.

Trátase da parcela da rúa Pablo Picasso na que xa houbo recheos hai meses e constátase agora o que dicía o BNG que eran sen licenza.

O recheo efectuado provoca, nos días de chuvia, escorrentías de lama que rematan na Ría do Burgo.

O BNG de Culleredo xa preguntou en varias ocasións polas obras efectuadas e visitou o solar coa deputada Mercedes Queixas e representantes de asociacións naturalistas.
 

Ler novas
Novas
Asolagamento nos terreos da obra a carón do río Valiñas

O BNG fai que o Concello de Culleredo reclame a revisión da autorización da gasolineira de Ledoño a Augas de Galiza

O PP votou en contra escudándose en que as alegacións veciñais foron rexeitadas

O PSOE só aceptou a proposta previa emenda para que a petición fora condicional

Ler novas
Novas
Tono Chouciño

Demandamos explicacións sobre os expedientes requeridos polo Xulgado

O BNG promove, xunto co resto dos grupos da oposición, unha Xunta de Voceiros extraordinaria para que o Goberno dea explicacións ante o Pleno pola presenza da Policía Xudicial no Concello en demanda de expedientes para o Xulgado.

O BNG xa ten demandado no Pleno explicacións de Julio Sacristán polo seu aval a un promotor, así como a creación dun Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística, que tivo por resposta un desaforado ataque por parte do Goberno Municipal.

Ler novas