comercio
Novas
Cobro irregular de taxas en Culleredo

O BNG de Culleredo denuncia o cobro irregular de impostos municipais nas licenzas de apertura

O BNG de Culleredo ven de presentar unha moción solicitando a modificación da Ordenanza Fiscal 17 que regula as licenzas de apertura, para axustala á legalidade.

O goberno municipal está a cobrar a través desta ordenanza taxas pola aplicación das tarifas do Imposto de Actividades Económicas (IAE) do que están exentas aquelas empresas con menos de 2 anos de actividade ou cunha cifra de negocio anual por baixo do millón de euros.

Os nacionalistas tamén reclamarán a devolución dos impostos recadados indebidamente.

Ler novas
Novas
Autónomos e microempresas

Convocadas as axudas para autónomos e microempresas de Culleredo

O PEL Reactiva pretende ser unha achega para combater o golpe económico derivado da crise sanitaria

O prazo de solicitude remata o día 25 de novembro

Ler novas