O BNG de Culleredo denuncia o cobro irregular de impostos municipais nas licenzas de apertura

Cobro irregular de taxas en Culleredo
Cobro irregular de taxas en Culleredo

O BNG de Culleredo ven de presentar unha moción solicitando a modificación da Ordenanza Fiscal 17 que regula as licenzas de apertura, para axustala á legalidade.

O goberno municipal está a cobrar a través desta ordenanza taxas pola aplicación das tarifas do Imposto de Actividades Económicas (IAE) do que están exentas aquelas empresas con menos de 2 anos de actividade ou cunha cifra de negocio anual por baixo do millón de euros.

Os nacionalistas tamén reclamarán a devolución dos impostos recadados indebidamente.

O BNG de Culleredo denuncia o cobro irregular de impostos municipais nas licenzas de apertura

O BNG de Culleredo ven de presentar unha moción para a súa votación no vindeiro Pleno Municipal reclamando a modificación da Ordenanza Fiscal que regula as taxas por licenzas de apertura. Esta taxa está en parte composta polo pago dun imposto do que a meirande maioría das/dos comerciantes de Culleredo están exentas/os. A moción inclúe a solicitude de devolución dos impostos recadados indebidamente.

Teñen chegado ao BNG queixas de comerciantes polo elevado importe das taxas polas licenzas de apertura de establecementos en Culleredo en comparación con outros concellos da contorna. Desde o BNG temos revisado a Ordenanza Fiscal Número 17, que regula a taxa por outorgamento de licenzas de apertura de establecementos,, comprobando que como parte da taxa súmase o 100% da cota mínima municipal pola aplicacion das tarifas do Imposto de Actividades Económicas (IAE).

Liquidar o IAE na primeira anualidade é contrario á lei posto que os dous primeiros anos dunha actividade están exentos dese imposto. E ademais, por se fora pouco, están exentos por partida doble, xa que unha gran parte dos establecementos que abriron en Culleredo, non acadan unha cifra de negocios anual de un millón de euros, outro dos motivos de exención do IAE.

O Goberno Municipal de Culleredo leva moitos anos cobrando de maneira irregular un imposto as/aos comerciantes que abren o seu negocio con grandes traballos, dificultades e ilusións. Procede reparar a inxustiza á que se lles someteu e segue sometendo.

Sabemos que entraron no rexistro reclamacións ao respecto desde hai meses e non foron contestadas. Todo aquel que teña pagado un tributo indebidamente ten o dereito á devolución no prazo de catro anos desde que fixera o ingreso, tal como establece para o prazo de prescrición dese dereito a Lei Xeral Tributaria, que tamén establece que o procedemento poderá iniciarse de oficio.

O BNG de Culleredo denuncia o cobro irregular de impostos municipais nas licenzas de apertura