O BNG esixe a execución inmediata da reforma do pavillón de Tarrio
As obras de reforma tiñan un prazo de execución de 4 meses, e deberían ter sido rematadas en marzo de 2022.
As entidades usuarias levan reclamando durante anos solución ás deficiencias que lles impiden competir en mínimas condicións de seguridade e que fan que acumulen sancións por parte das federacións.
O BNG de Culleredo traslada 50 medidas imprescindibles para os 100 primeiros días de goberno
O goberno municipal de Culleredo aínda non convocou o Pleno de Organización no que debe dar conta da estructura política da súa administración e que xa se celebrou en tódolos concellos da Comarca.
Diante da situación de parálise do goberno municipal, o BNG de Culleredo ten trasladado ao goberno municipal e ao PSOE de Culleredo máis de 50 medidas a levar a cabo dentro dos 100 primeiros días de actividade do novo goberno.
Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, “as medidas trasladadas polo BNG ao goberno municipal de Culleredo son esenciais para contar cun goberno que se poida chamar transparente e decente”.
A Asemblea do BNG de Culleredo ratifica a decisión de non pactar con Riobóo
O compromiso e a honestidade cara os seus votantes, a defensa do interese común e o rexeitamento das políticas escurantistas do goberno de Riobóo durante os últimos 6 anos, principais motivos da formación nacionalista para non apoiar a candidatura socialista no Pleno de investidura.
Riobóo liderou durante os últimos 6 anos un goberno municipal que actuou con total falta de transparencia e de costas á veciñanza, sen ter en conta o beneficio común, no que o chanchullo foi sempre o centro de decisión.
Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, “Non temos nada en común con Riobóo nin co seu goberno. O BNG é coherente coa súa política de defensa da veciñanza e iso é incompatible con apoiar a Riobóo como Alcalde.”
Cargan recibos á veciñanza desde o Concello sen notificar a que corresponden
A veciñanza, tras varias solicitudes de información, puido saber que o Concello estaba a incumprir as súas propias normas e que estaba a pasar agora ao cobro as taxas polas actividades municipais do curso 2021/2022, nun só cargo e sen previo aviso.
Chega a darse o caso de que se pase ao cobro a taxa a persoas que causaron baixa naquelas actividades e non desfrutaron das mesmas.
Confírmase a incapacidade manifesta do goberno municipal para organizar estas actividades, despois de que as do curso 2022/2023 tiveranse iniciado máis de 2 meses máis tarde do previsto.
O BNG de Culleredo presenta o equipo co que aspira a formar o vindeiro goberno municipal
Tono Chouciño, actual voceiro nacionalista, encabeza unha candidatura sen ataduras, co obxectivo de facer de Culleredo o concello que os seus veciños e veciñas merecen.
Repiten con el os actuais concelleiros, Beatriz Mosquera e Gonzalo Méndez.
Entre as incorporacións a estes primeiros postos hai tres mulleres independentes, representantes dunha veciñanza chea de ganas e ilusión para transformar o noso concello co seu traballo.
O xulgado ordena executar a sentenza que anulou a liquidación do CLT de Ledoño
A sentenza do contencioso administrativo do mes de setembro, anulaba a liquidación da concesión do Centro Loxístico de Culleredo en Ledoño e mandaba repetila.
A concesionaria, Obralar, apelou ese fallo. O Concello de Culleredo non.
O Goberno Municipal permitira á concesionaria vender as parcelas resultantes, algo que un informe da Secretaria municipal declaraba nulo de pleno dereito.
Reclamamos ao alcalde que aclare por que as vivendas na 'pegada sonora' quedarían fóra de ordenación
Debe aclarar canto antes por que dixo no Pleno que as vivendas do ámbito da pegada sonora quedaban “fora de ordenación”.
O alcalde imcumpre o compromiso do pasado 26 de Novembro de convocar a Comisión Municipal do Aeroporto.
O prazo de alegacións da pegada sonora remata o 28 de Decembro e do goberno municipal nada se sabe.