Novas
Pleno municipal

Culleredo paga as liortas internas do PSOE

A fichaxe dun asesor repudiado pola alcaldesa da Coruña descabeza o xa destartalado departamento de Urbanismo cullerdense
A Administración local está totalmente desmantelada e desorientada, con informes que poñen en dúbida a legalidade dos procesos de selección de persoal.
José Ramón Rioboo está ausente da realidade municipal e o seu goberno está instalado na inercia.
A veciñanza de Culleredo paga as consecuencias.
Ler novas
CEIP Tarrío

O BNG DEMANDA A CONVOCATORIA DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

O Consello Escolar Municipal non se reuniu nen unha soa vez no que vai de mandato.
É o órgano que debería axudar a buscar solucións aos problemas que afectan á comunidade educativa.
Debería ser o foro para estudar asuntos como a redución de persoal de apoio, as listas de agarda das escolas infantís, o deficiente mantemento, ou as novas taxas de uso do comedor escolar que previsiblemente establecerá a Xunta.
A ausencia de convocatorias deste órgano é unha mostra máis do desprezo do Goberno do PSOE pola participación cidadá nos asuntos públicos.
Ler novas
megafactoría biogás Soandres

O BNG de Culleredo leva a Pleno o proxecto de planta de Biogás en Soandres

O proxecto prevé instalar unha megaplanta ocupando 95.000 metros cadrados de solo rústico, cunha actividade altamente contaminante.

Malia que o biogás resultante é altamente inflamábel, e que a factoría funcionará de xeito ininterrompido, tan só prevé a presenza de persoal 6 días da semana, durante unha quenda de 7 horas.

A megaplanta situaríase en terreos da parroquia larachesa de Soandres, lindeira co Concello de Culleredo na parroquia da Veiga.

O retorno en termos de xeración de emprego e de riqueza na zona é practicamente nulo.

O BNG aposta en plantas que traten residuos realmente agrarios e de proximidade, evitando grandes movementos por estrada de residuos industriais.

Ler novas
20260319 Fonteculler

O BNG propón a adopción de medidas para incentivar a saída ao mercado de vivendas baleiras

- A medida diríxese a vivendas que permanezan máis de 2 anos baleiros e que o seu propietario, público ou privado, dispoña de máis de 2 vivendas baleiras no municipio.

- Para o cómputo non se ten en conta a vivenda habitual, segundas residencias, ou aquelas que permanecen baleiras por outras causas xustificadas.

- A suba nos prezos do aluguer e a dificultade das familias para atopar vivenda, fai preciso a adopción de medidas que fomenten a saída de inmobles baleiros ao mercado.

Ler novas
Representantes do BNG no Congreso, no Parlamento e nos Concellos de Culleredo e A Coruña reunidos con traballadores da torre de control de Alvedro.

O BNG demanda garantías de seguridade no aeroporto de Albedro

A empresa concesionaria reduciu o número de persoas encargadas do control aéreo, de 10 a 7.
En varias ocasións incumpriu a súa obriga de notificar as limitacións operativas do servizo.
Os intereses económicos da concesionaria non poden poñer en risco a seguridade das persoas que vivimos nos arredores do aeroporto e soportamos os inconvintes da súa actividade.

Ler novas
20260307 emerxencias Culleredo_ vehículo abandonado

Culleredo sen Servizo de Emerxencias municipal

O Servizo de Emerxencias municipal está nunha situación de total precariedade, tanto no referido a medios humanos como materiais.

O servizo, que depende directamente do Alcalde José Ramón Rioboo, leva tempo arrastrando esta precariedade, sen persoal e co camión de emerxencias inoperativo.

Nos lumes que calcinaron dúas casas esta semana, como en anteriores incidencias, unicamente interviron dotacións provintes de Arteixo e Betanzos.

Culleredo, pola súa situación estratéxica, precisa urxentemente dotar de xeito axeitado os seus servizos de emerxencias ante situacións que requiran actuacións inmediatas.

Ler novas

O BNG demanda explicacións urxentes pola situación do pavillón de Tarrío e a falta de pago das subvencións ás asociacións

É preciso coñecer os verdadeiros motivos polos que as asociacións non cobran as subvencións pendentes de pago.

O pavillón de Tarrío segue esperando pola súa reforma, após un intento fallido en 2021, mentras a súa degradación avanza a pasos de xigante.

As demoras interminábeis do Goberno Municipal poñen en risco tanto aos clubes como ás persoas usuarias das instalacións.

Ler novas
verquido colector río Valiñas

O BNG lamenta a ausencia da mellora do saneamento do Río Valiñas nos proxectos presentados ao POS da Deputación

Malia as queixas veciñais durante anos por verquidos de fecais ao río, o Goberno de José Ramón Rioboo non ten proxecto para a mellora do colector.

A demanda cada vez maior e as novas infraestructuras que se teñen deseñado na súa contorna, fai que a situación vaia cada vez a peor.

O río Valiñas é afluente do río Mero, polo que as súas augas (e o que non son augas) acaban con moita seguridade chegando á Ría do Burgo, recentemente saneada.

Pérdese unha magnífica oportunidade de actuar sobre un problema de magnitude histórica.
 

Ler novas
20260106 torre de celas xanela rx

O Goberno Municipal é incapaz de tramitar a subvención para a recuperación da Torre de Celas

O Goberno Municipal non foi quen de presentar a solicitude para participar no programa de subvencións da Deputación para recuperar bens patrimoniais.

4 días antes de rematar o prazo o BNG preguntou polo estado da solicitude.

A Torre de Celas, único Ben de Interese Cultural do noso Concello e que se atopa nun estado lamentábel, podía aspirar a até 150.000€ de axuda.

O prazo de presentación de solicitudes era de 3 meses. A solicitude de Culleredo foi asinada media hora despois de rematado o prazo, facendo imposíbel o seu rexistro.
 

Ler novas