Recorte de servizos ferroviarios no Burgo

Horarios de RENFe na estación do Burgo. Cartaz editado por O Noso Burgo
Recorte de servizos ferroviarios no Burgo

O Goberno central, coa complicidade da Xunta de Galiza, ven de dar o tiro de graza a boa parte dos servizos ferroviarios de media distancia, que noso concello se verá reflectido nunha diminución do 46% dos traxectos ofertados dende O Burgo, de luns a venres.

Ao tempo que se reducen os traxectos, empeoran os horarios, pasando a primeira viaxe O Burgo - Coruña ás 10.10 horas, a única que hai en toda a mañán, elimínanse as conexións co apeadeiro do campus de Elviña, e encarécese o servizo, pasando o billete sinxelo a 2,05€ e o de ida e volta 1,65€ por traxecto.

Á vista dos datos que fornece a páxina web de Renfe, o recorte nos servizos é aínda maior do inicialmente anunciado polo Goberno central.

Até o día de onte, tanto no Campus de Elviña, como no Burgo como en Cambre paraban os cinco trens de ida e os cinco de volta que tiñan como destino Ferrol e A Coruña. Porén, e á vista da web de Renfe (www.renfe.es), a partir de agora elimínase a parada de Cambre, e no Burgo pararán dous dos tres trens do traxecto A Coruña - Ferrol (06.56h e 14.42h) e dous do inverso (18.23h e 20.17h), que en ningún dos casos coinciden cos que seguirán a parar no Campus de Elviña, aos que hai que sumar os que fan o traxecto A Coruña - Monforte.

 

Recorte de servizos ferroviarios no Burgo