Ruptura pacto de goberno

Ruptura pacto de goberno

Á vista da situación que estamos a presenciar no noso Concello, co bochornoso espectáculo dado por PSOE e APdC, dende o Consello Local do Bloque Nacionalista Galego, convocamos para mañán, xoves 9 de maio, ás 20.00 na Sala de Vídeo do Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo, unha ASEMBLEA ABERTA na que se tratará a situación política do noso Concello.

Nestes intres, as nosas representantes no Concello seguen a traballar dende os seus postos para axudar a garantir o benestar das veciñas e veciños de Culleredo, que son a quen deben a súa lealdade, e así o farán ate que D. Julio Sacristán de Diego e o Pleno Municipal o consideren, baixo a súa responsabilidade.

Ruptura pacto de goberno