nº 6 - Ana Brandón

nº 6 - Ana Brandón

Ana Brandón Areosa - Independente - Ten 42 anos. Natural de Baldaio, Concello de Carballo, leva 10 anos vivindo no Burgo. Está casada e ten unha filla de 8 anos.

Muller.O Burgo (129)Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade da Coruña, acaba de abrir a súa propia academia no Burgo, onde dirixe e imparte clases.

Fundou e levou durante 8 anos a organización dunha asociación cultural na que se daba cabida a actividades culturais de calquera índole, con grupo de gaitas, teatro, lectura e viaxes culturais dirixidas a tódalas idades. Participou activamente en actos promovidos pola plataforma Nunca Mais.

“O pequeno comercio de Culleredo está a sofrir en primeira liña esta crise coa competencia directa das grandes superficies. Todos os días pecha algún comercio. Queremos concellos para vivir. Queremos dar visibilidade a todas as persoas emprendedoras, autónomas, comerciantes locais, e recoñecerlles o seu labor como xeradoras de emprego, actividade económica e cultura. Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores formas de xerar riqueza, de humanizar Culleredo, impedindo a desertización de servizos no noso Concello."

É o momento de abrir o Concello aos veciños e veciñas para entre todos facer de Culleredo un verdadeiro fogar onde vivir. É o momento de facer de Culleredo o Concello que merecen as súas xentes.

#dependedenós #cambiemosCulleredo

nº 6 - Ana Brandón