nº 10 - Teresa Ramiro

nº 10 - Teresa Ramiro

teresa210.- Teresa Ramiro Fernández – Nacida hai 56 anos no Río da Cova, Vilaboa. Nai de tres fillos, traballa como Mariscadora a pé na Ría do Burgo

Participa no Colectivo Literario “In nave Civitas”, que entre os seus fins ten o de difundir a obra de Urbano Lugrís, de quen se conservan varias obras na Igrexa de Vilaboa, algunha necesitada de urxente restauración.

”Durante catro anos fun membro da directiva de marisqueo a pé, periodo no que durante varios meses encabecei unha intensa loita para acadar un convenio xusto para a/os mariscadora/es, que conseguimos varios anos e onde contamos co apoio de CIG e BNG.

Decidín formar parte da candidatura de Culleredo porque debemos dar un paso no presente para crear un futuro de oportunidades e alternativas que contribuan a mellora e desenvolvemento das persoas, impulsando programas de ocio, fomento da autonomia persoal e servicios de atención adecuados ás persoas en situación de dependencia, dotando así mesmo ás familias coidadoras de medios suficientes para a conciliación da vida laboral e familiar.”

Culleredo é un reflexo de barreiras arquitectónicas, con carencia de beirarrúas ou con elas demasiado altas, e sen zonas de xogo accesibeis nos parques para cativas/os con mobilidade reducida. Vivir nun Concello accesíbel, depende de nós!

nº 10 - Teresa Ramiro