nº 11 - Xabier Rioboo

nº 11 - Xabier Rioboo

FCO. XABIER RIOBOO NÚÑEZ (Almeiras, 1962)  Militante do BNG desde 1984, é o actual Responsábel Local do BNG en Culleredo.

Técnico Auxiliar de Electricidade en paro.  Traballou en Santa Bárbara, dende xullo de 1980 até maio de 2013, sendo membro do Comité de Empresa e Secretario da Sección Sindical da CIG.

"Hai uns días no Parlamento, Feijoo proclamaba que se os datos económicos na Galiza son malos,  é porque a que “a industria se comportou de forma incorrecta”. Incorrecto é o comportamento dun goberno que elude as súas responsabilidades, como acontece tamén en Culleredo, onde non podemos falar de políticas de Emprego, Industria ou Innovación se non é para facer un chiste malo. Pero no BNG non nos permitimos rirnos das nosas veciñas e veciños. Tomamos en serio as nosas responsabilidades. Non prometemos nada que non poidamos facer."

No BNG de Culleredo somos conscientes das dificultades económicas e fundamentalmente de emprego que existen hoxe en día en Culleredo. Os datos do Instituto galego de Estatística para o noso Concello deitan uns resultados nefastos, con case 3000 persoas no paro. Para facer fronte a esta situación é fundamental a responsabilidade e a implicación política do goberno municipal, que se debe traducir na posta en marcha dun Plan de Emprego ambicioso, creando entidades de apoio e novos servizos onde poder acudir para buscar solucións.

nº 11 - Xabier Rioboo