ACTIVIDADE SOCIAL
Roteiro Cultural e Reivindicativo por Culleredo

O pasado sabado 28 de xaneiro de 2017 saimos de roteiro por Culleredo para coñecer máis da historia e lugares emblemáticos do noso concello. Ademáis, fixemos unha parada especial no Centro Social de Sésamo para recordar ao compañeiro Moncho Valcarce no seu cabodano.
O pasado sabado 28 de xaneiro de 2017 saimos de roteiro por Culleredo para coñecer máis da historia e lugares emblemáticos do noso concello. Neste paseo visitamos a Ponte Medieval do Burgo, os Muiños de Acea da Ma, o Pazo dos Serrano no Souto de Vilaboa, o castro de Albedro, os Pazos de Liñares, a Igrexa Vella de Culleredo, a Torre de Celas e o Rego da Xesteira entre outros.
Ademáis, fixemos unha parada especial no Centro Social de Sésamo para recordar ao compañeiro Moncho Valcarce no seu cabodano. Compartimos anécdotas, limos poesías e extractos da súa biografía, visitamos a súa biblioteca da man do Presidente da Asociación de Veciños e fixemos unha ofrenda floral diante do seu busto.
Todo o percorrido foi acompañado de explicacións sobre a historia e a significatividade de cada lugar para a poboación na que se asentan. Agradecemos o traballo dos compañeiros Carlos Enxamio, Suso Baños e Xosé García por preparar cada intervención chea de información que descoñecíamos. Ademáis, tamén aproveitamos para falar das reivindicacións que o BNG de Culleredo ven facendo diante do Concello e outras institucións para o aproveitamento do patrimonio e espazos públicos.