PLANIFICACIÓN
O Pleno aproba a iniciativa do BNG para recuperar o camiño Orro-Ledoño

A resolución é plenamente executiva, ao tratarse dunha competencia do Pleno Municipal.
O alcalde intentou a súa retirada sen dar máis expliacións que insinuacións inintelixíbeis.
Este será o primeiro paso para a recuperación do camiño tradicional de Ledoño a Orro, despois dun ano de inacción do Goberno Municipal.
O Pleno Municipal do pasado xoves aprobou a iniciativa do Bloque Nacionalista Galego para dar os primeiros pasos na recuperación do camiño tradicional de Ledoño a Orro, cortado polas obras inacabadas do Centro Loxístico de Transporte.
A proposta aprobouse co apoio de todos os grupos, agás o PSOE e a Marea, malia o alcalde intentar a súa retirada sen dar máis explicación que insinuacións inintelixíbeis. Agora o Concello terá que iniciar o expediente para a recuperación dos terreos do antigo camiño e reincorporalos ao inventario municipal.
Tono Chouciño, voceiro nacionalista, lembrou que é o Pleno quen ten a competencia da allear un ben patrimonial e, en consecuencia, tamén para recuperalo, polo que a resolución era plenamente executiva.
Para o representante do BNG "é importante que cun só representante na Cámara Municipal, e traballando con seriedade e rigor, sexamos capaces de pór proxectos coma este en marcha, vencendo a incapacidade manifesta do goberno do PSOE."