MOBILIDADE

O BNG impulsa no Pleno os trámites para a recuperación do camiño de Orro a Ledoño

Camiño Orro-Ledoño
Camiño Orro-Ledoño

Malia aprobarse por unanimidade en 2018 unha moción para a recuperación do camiño tradicional de Ledoño a Orro, non temos coñecemento de que o Goberno Municipal levara a cabo nengúnha xestión para o seu cumprimento.

O camiño foi dado de baixa do inventario municipal para a construcción dunha estación intermodal vencellada ao CLT de Ledoño, algo que nunca se realizou.

A nova moción inclúe o acordo plenario de que se inicie o expediente para a recuperación dos terreos e se incorporen novamente ao inventario municipal. É o xeito de avanzar na tramitación sen depender do Goberno Municipal.

O BNG impulsa no Pleno os trámites para a recuperación do camiño de Orro a Ledoño

En xaneiro de 2018 o Pleno de Culleredo aprobou por unhanimidade unha moción do BNG para a recuperación do camiño de Ledoño a Orro. No debate da moción contouse coa intervención dun representante veciñal, que deu conta dos beneficios para a comunidade da recuperación deste camiño, pois na actualidade teñen que empregar as estradas DP-0510 e AC-523, co conseguinte risco para os peóns.

Transcurrido un ano, o BNG volve levar o asunto ao pleno, á vista da ausencia de novas sobre calquera tipo de xestión do Goberno Municipal para a recuperación deste camiño.

Na moción presentada detállase como o antigo camiño foi dado de baixa para levar a cabo neses terreos unha estación intermodal no ámbito do Centro Loxístico de Transportes de Ledoño, pero os terreos non chegaron nunca a ser usados para ese fin.

Tono Chouciño manifestou a necesidade de que os acordos plenarios sexan levados a cabo. "Neste mandato foron numerosas as mocións que levamos a Pleno e que foron aprobadas polo mesmo, pero ás que despois o Goberno Municipal non deu cumprimento, amosando unha total falta de respecto do Goberno Municipal cara a institución e a veciñanza que representa."

Dado que a moción aprobada por unanimidade en xaneiro de 2018 quedou esquecida pola desgana e inación do Goberno Municipal, a nova moción presentada polo BNG inclúe o acordo plenario de que se inicie o expediente para a recuperación dos terreos do antigo camiño e se reincorporen ao inventario municipal, paso previo á súa reconstrución, xa que a enaxenación dun ben patrimonial é competencia do Pleno Municipal.

O BNG impulsa no Pleno os trámites para a recuperación do camiño de Orro a Ledoño