TRANSPARENCIA

O BNG destapa que se pagaron 50.000€, de forma ilegal polo Morriña Festival

o cartaz recollía o patrocinio do Concello de Culleredo, agora negado polo Goberno Municipal
o cartaz recollía o patrocinio do Concello de Culleredo, agora negado polo Goberno Municipal

No expediente consta unha autoliquidación, a nome do Concello de Culleredo, dun Canon de ocupación do dominio público, por valor de 17.391,28€, Canon que debería ter sido abonado pola empresa promotora.

Entre as facturas pagadas con reparos da Intervención constan 2 por valor de 32.360,90€, en concepto de compra de entradas para o Festival.

En total son case 50.000€ sen que conste contrato algún que respalde o gasto realizado polo Goberno de Culleredo

As asociacións e entidades culturais de Culleredo levan 2 anos agardando pola convocatoria das subvencions para o mantemento das súas actividades.

O BNG destapa que se pagaron 50.000€, de forma ilegal polo Morriña Festival

O BNG de Culleredo constatou que o Morriña Festival tivo para o Concello de Culleredo un custe de 49.752,18€ en concepto de compra de entradas e de pago da "Tasa Canon de ocupación y aprovechamiento en el dominio público marítimo-terrestre".

Malia a negativa do Goberno Municipal, no Pleno do pasado mes de xaneiro, de ter realizado o pagamento desa taxa, no expediente do Festival consta unha autoliquidación da mesma perante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Autoliquidación na que o Concello de Culleredo figura como suxeito pasivo, por un importe de 17.391,28€, e que debía ser pagada polos organizadores do Festival.

O sr. Alcalde, que negou que o Concello abonara ese Canon malia figurar no expediente, debería saber que unha autoliquidación é unha débeda firme e esixíbel, e de non terse pagado levará recargo e pode pasar en calquera momento á vía executiva podendo chegar ao embargo. 

Ademais o Concello de Culleredo abonou 32.360,90€ en concepto de compra de entradas, tal e como se recolle na listaxe de facturas pagadas con reparos da Intervención. Isto significa que foron pagadas sen contar cun procedemento legal que asegure que se respectaron os trámites requeridos pola Lei de Contratos do Sector Público, e non houbo nengún informe que avalara o interese cultural, económico e/ou xurídico de financiar o evento.

Case 50.000€ gastados sen documento algún que conteña un contrato, sen nengún tipo de estudo do retorno económico para o Concello e as empresas locais, e cando as asociacións e entidades culturais de Culleredo levan 2 anos agardando polas convocatorias das subvencións necesarias para o desenvolvemento das súas actividades e pasando grandes dificultades para a súa supervivencia.

O BNG non puido localizar nengún documento que conteña un contrato entre o Concello e a empresa organizadora. Esta contaba cunha previsión de beneficios, antes da realización do festival, duns 70.000€. Finalmente parece que foron cubertos en grande medida polas aportacións do Concello de Culleredo, aínda que Alcalde negou no Pleno Municipal que o Concello fora patrocinador do Festival, malia figurar como tal nos carteis promocionais.

É preciso que o Goberno de D. José Ramón Rioboo aclare de xeito convincente as dúbidas que envolven todo o refente á celebración deste festival e que, por outra parte, poña mans á obra para liquidar as súas débedas coas asociacións e entidades culturais do noso Concello.

Os cartos gastados irregularmente deben ser aportados polos membros do goberno municipal. Teñen unha débeda coa xente que paga os seus impostos para ter servizos e infraestruturas e non para financiar a campaña permanente do Sr. Alcalde.

O BNG destapa que se pagaron 50.000€, de forma ilegal polo Morriña Festival