Este xoves Asemblea Aberta do BNG en Vila Melania

Este xoves Asemblea Aberta do BNG en Vila Melania

asemblea aberta2Este xoves ás 19.30 horas, o Bloque Nacionalista Galego de Culleredo celebrará Asemblea Aberta en Vila Melania, Vilaboa, para analizar os resultados electorais e informar da situación e contactos mantidos con outras forzas políticas nos últimos días.

Na Asemblea rendiranse contas da campaña electoral e comezaranse a definir as liñas de traballo a nivel municipal na nova lexislatura para afrontar os problemas que o noso Concello ten pendentes, como son os novos centros de educativos, o gran número de persoas desempregadas ou a apertura do propio Concello aos veciños e veciñas.

A Asemblea Aberta supón o inicio dunha nova etapa no BNG de Culleredo, que pretende ser correa de transmisión para aquela parte da sociedade que quere unha rexeneración democrática e a revitalización do noso Concello, con Tono Chouciño como voceiro municipal.

Este xoves Asemblea Aberta do BNG en Vila Melania