A Asemblea Aberta do BNG senta as bases do traballo nesta lexislatura

Encontro Aberto en Vila Melania
A Asemblea Aberta do BNG senta as bases do traballo nesta lexislatura

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo celebrou este xoves unha nova reunión, na que se rendiron contas tanto da campaña electoral como dos días posteriores, e das conversas mantidas con outras forzas políticas con representación no novo Pleno Municipal, que se constituirá o sábado ás 12.00h.

Na Asemblea realizouse unha análise e valoración da campaña electoral e dos resultados, ratificándose a decisión de non entrar en pactos post-electorais.

Asemade decidiuse desenvolver un traballo baseado nos retos marcados no noso programa electoral, en especial o fomento da apertura e da participación social nos asuntos do Concello e a consecución dunha dotación de servizos públicos acorde coa súa entidade.

A Asemblea Aberta do BNG senta as bases do traballo nesta lexislatura