Dispárase a lista de agarda nas garderías ante a pasividade do Goberno Municipal

Dispárase a lista de agarda nas garderías ante a pasividade do Goberno Municipal

foto_pax3_galescolaEsta semana coñecéronse as listas de agarda para as escolas infantís da Xunta. En Culleredo hai 250 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos sen praza, o que ven supoñendo case o 50% do total das listas de agarda na área metropolitana.

No 2013, cando o PSOE rompe o pacto de goberno, xa se estaba a traballar dende o departamento de Benestar, até entón dirixido por Raquel Jabares, para a cesión dun novo local á Xunta onde puidera comezar a funcionar a cuarta Escola Infantil.

En novembro de 2014 o BNG presentou unha moción reiterando esta necesidade de axilizar a cesión no Pleno Municipal, que foi rexeitada polos grupos do goberno, PSOE e APdC.

Dende o BNG de Culleredo consideramos que, como pasou co Instituto e o Colexio, o Goberno Municipal é coñecedor de primeira man dos datos demográficos do Concello e non fixo nada por buscar solución a unha situación totalmente previsíbel, demostrando unha desidia e unha pasividade extremas, que deriva nun prexuízo directo aos veciños e veciñas de Culleredo.

En palabras de Tono Chouciño, concelleiro electo do BNG-Asembleas Abertas: "Culleredo sofre unha falta total de planificación nos tres niveis educativos, con barracóns no Instituto e no colexio de Tarrío. En Infantil a lista de agarda hai anos que daría para cubrir unha cuarta escola. No 2013 estábase a traballar para lograla pero o goberno de Julio Sacristán deixou correr o tempo até que a situación se desbordou, como adoita facer."

Dispárase a lista de agarda nas garderías ante a pasividade do Goberno Municipal