SENDA PEONIL INSEGURA

Senda peonil na Corveira
SENDA PEONIL INSEGURA

senda peonil na Corveira

Segundo denuncian veciños e veciñas da Corveira, a senda peonil construída alí polo Concello, dentro do Plan de Obras da Deputación (DTC94), e na que se gastaron caseque 15.000€, ten sido escenario de varios accidentes e caídas, especialmente entre persoas de idade máis avanzada, polo que, ao pouco de ser inaugurada, xa caeu en desuso.

Os accidentes parecen estar motivados, segundo as denuncias veciñais, polo mal deseño do camiño, con escalóns de distintos tamaños e graos de inclinación, e poderían solventarse coa colocación dun pasamáns ao longo da senda.

Dende o BNG de Culleredo preguntámonos se a rebaixa de prezo entre a licitación inicial (25.000€) e a cantidade final pola que foi adxudicada a obra supuxo unha rebaixa tamén na súa seguridade e na accesibilidade para persoas con limitacións de mobilidade, e demandamos do Goberno Municipal unha pronta solución que garanta a seguridade das persoas que a queiran empregar.

SENDA PEONIL INSEGURA