O BNG DENUNCIA A PASIVIDADE DO CONCELLO PARA GARANTIR A SEGURIDADE DOS PEÓNS

O BNG DENUNCIA A PASIVIDADE DO CONCELLO PARA GARANTIR A SEGURIDADE DOS PEÓNS

SAMSUNGDende hai tres semanas, e a consecuencia dos temporais, a vivenda ubicada no número 117 da avda de Vilaboa se atopa nun estado de semiderrube, tras vírselle abaixo a metade do tellado, ameazando a seguridade tanto das vivendas colindantes, coma das persoas que pasan pola vía pública.

En todo este tempo, o Concello limitouse a colocar unhas vallas cortando o paso na beirarrúa, o que fai que os peóns teñan que baixar á calzada e transitar polo espazo destinado aos vehículos.

Isto significa un risco engadido para os peóns, obrigados a ir por un estreito paso a carón dos vehículos que circulan por unha das vías con máis tráfico do Concello, coa dificultade engadida de ter que superar o escalón entre a beirarrúa e a calzada, sobre todo para as persoas con mobilidade reducida, así como pais e nais que levan aos seus fillos en sillas e carriños.

SAMSUNGSolicitamos do Concello que, en uso das súas facultades, garanta a seguridade de peóns e veciños, dando solución ao perigo que supón esa vivenda no estado actual no que se atopa.

O BNG DENUNCIA A PASIVIDADE DO CONCELLO PARA GARANTIR A SEGURIDADE DOS PEÓNS