MALESTAR VECIÑAL POLOS RECORTES NO TRANSPORTE PÚBLICO

MALESTAR VECIÑAL POLOS RECORTES NO TRANSPORTE PÚBLICO

O aprobado onte en relación ao Centro Social de Boedo é un bo exemplo da estratexia propagandística do goberno municipal de grandes anuncios vacíos de contido, como sucedeu coa supresión de servizos de transporte público no noso Concello.

Onte, representantes veciñais das parroquias de Sueiro e Sésamo achegáronse ao Concello, aproveitando a celebración do pleno, para facer oír aos seus concelleiros e concelleiras o malestar existente en ambas parroquias pola supresión de liñas e servizos, malia os anuncios que dende o Concello se teñen feito en sentido contrario.

Segundo as veciñas e veciños, o recorte dificulta gravemente o seu acceso a servizos fundamentais  situados na zona máis urbana, como ocorre cos estudantes que cursan os seus estudos na antiga Laboral, e coas persoas de avanzada idade que dependen do transporte público para poder ir aos Centros de Saúde ou facer a compra diaria.

Dende o BNG solicitamos do Goberno Municipal que esixa da Xunta e da empresa concesionaria unha solución real e efectiva a un problema desta gravidade.

MALESTAR VECIÑAL POLOS RECORTES NO TRANSPORTE PÚBLICO