Pleno ordinario do mes de agosto

Pleno ordinario do mes de agosto

Mañán xoves, 28 de agosto, ás 13.30 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Tarrío, o pleno ordinario correspondente ao presente mes, coa seguinte orde do día:

1.- Aprobación da acta da sesión ordinaria realizada o 31/07/2014.

2.- Proposta relativa ao sinalamento de festas locais para o ano 2015.

3.- Proposta relativa á aprobación provisional da ordenanza municipal reguladora da intervención e control de obras e actividades.

4.- Proposta relativa á aprobación inicial da ordenanza municipal de protección contra ruídos e vibracións.

5.- Moción do Grupo Municipal do PSdG-PSOE en relación aos recortes na Lei de Dependencia.

6.- Moción do Grupo Municipal do PSdG-PSOE relativa ao financiamento destinado a garantir o desenvolvemento e aplicación do Programa Europeo de axuda alimentaria ás persoas máis necesitadas.

7.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do Grupo do Partido Popular relativa ao apoio á reforma da Lei Electoral e promover a elección directa do alcalde.

8.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do Grupo Municipal do PSdG-PSOE relativa ao rexeitamento da modificación da LOREG que propón o PP para elexir directamente aos alcaldes e alcaldesas.

9.- Dación de conta do convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para a urbanización da parcela do CEIP.

10.- Dación de conta do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Culleredo para levar a cabo as obras do proxecto construtivo da Rede Ciclista da Área Metropolitana da Coruña.

11.- Dación de conta do contrato de arrendamento ADIF - lugar Boedo.

12.- Dación de conta das resolucións da alcaldía e concellarías delegadas.

13.- Dación de conta do seguimento da execución orzamentaria.

14.- Mocións urxentes.

15.- Rogos e preguntas.

Pleno ordinario do mes de agosto