O BNG denuncia a presenza de membros do goberno local nun local sen licenza de primeira ocupación

O BNG denuncia a presenza de membros do goberno local nun local sen licenza de primeira ocupación

Recentemente puidemos comprobar a asistenza de membros do goberno municipal, entre eles o alcalde e o primeiro tenente de alcalde, a varios actos sociais celebrados nun edificio que se atopa en obras, e que conta con varias ordes de paralización, aínda non subsanadas.

Segundo a información da que dispomos, e tal e como recoñeceron públicamente no Pleno Municipal, nos actos teríanse incluso empregado dúas carpas de propiedade municipal.

O edificio, en Albedro, antigamente coñecido como Vila Buján, figura como elemento catalogado con protección estrutural no proxecto de PXOM actualmente en tramitación.

As obras teñen un expediente de reposición da legalidade urbanística, con orde de paralización incluída, por non axustarse á licenza concedida, o que sería unha grave agresión ao noso patrimonio arquitectónico e cultural, e aínda non contan coa licenza municipal de primeira ocupación.

Tanto o alcalde, D. Julio Sacristán, como o primeiro tenente de alcalde, D. José Ramón Rioboo, deberan ser coñecedores destes feitos, pois teñen sido debatidos nas reunións da Xunta de Goberno Local ás que ambos asisten, e mesmo o Goberno ten dado conta deles no Pleno Municipal.

Para o Bloque Nacionalista Galego estamos ante un caso especialmente grave, que convén aclarar publicamente, máis aínda cando o equipo de goberno trae a pleno unha ordenanza para a intervención e control de obras e actividades.

O BNG denuncia a presenza de membros do goberno local nun local sen licenza de primeira ocupación