O BNG solicita o reforzo da seguridade viaria ante o inicio do curso escolar

O BNG solicita o reforzo da seguridade viaria ante o inicio do curso escolar

De cara ao próximo inicio do curso escolar, e perante o estado no que se atopan os semáforos que regulan as principais vías do noso Concello en Vilaboa, Fonteculler e O Burgo, con continuos fallos, caídas de servizo e luces fundidas, o Bloque Nacionalista Galego solicita a presenza da Policía Municipal nos cruces e pasos de peóns, cando menos ás horas punta coincidindo coa entrata e saída dos centros escolares, para regular o tráfico e garantir a seguridade das persoas.

Recuperación do Camiño Seguro.

Do mesmo xeito, solicitamos do Goberno Municipal a reposición do Camiño Seguro que se tiña posto en marcha no Burgo ao inicio desta lexislatura e cuxas medidas de protección (bolardos e prohibición de aparcar nas proximidades dos pasos de peóns) foron eliminadas logo do pacto entre PSOE e APdC.

Pedimos tamén que, tal e como estaba previsto, se extendan estas medidas ás zonas de Vilaboa e Fonteculler, densamente poboadas e cun tráfico intenso nas horas de entrada e saída dos colexios.

O BNG solicita o reforzo da seguridade viaria ante o inicio do curso escolar