O BNG demanda solucións urxentes e efectivas aos problemas de escolarización en Culleredo

O BNG demanda solucións urxentes e efectivas aos problemas de escolarización en Culleredo

Este ano os alumnos e alumnas de 4º de ESO do Instituto Blanco Amor de Culleredo recibirán as súas aulas en barracóns de obra instalados no patio do Centro. Malia a gravidade desta situación, esta aínda pode empeorar, dada a evolución demográfica do noso Concello, nos vindeiros cursos.

O novo Instituto, que aínda non se comezou a construír, dificilmente estará en funcionamento, non xa neste curso, senón incluso para o seguinte, 2015/2016, polo que o vindeiro curso haberá que instalar máis casetas de obra.

No caso do novo Colexio, o proxectado é insuficiente para absorver a demanda, sendo preciso planificar xa a construción de outro máis de cara ao curso 2016/2017.

Estes datos son postos en evidencia no informe que o representante da CIG entregou na xuntanza do Consello de Escolarización de Culleredo que tivo lugar o 29 de maio pasado, tras dous anos sen ser convocado, seguramente porque non había temas importantes para tratar.

A situación atenta contra a igualdade de oportunidades, xa dende a etapa educativa

Dende o BNG de Culleredo demandamos que, dunha vez por todas, se realice unha axeitada planificación en materia educativa no noso Concello, dende todas as Administracións con responsabilidade na materia, e no que se dea voz a todos os sectores implicados, ante unha situación que afecta directamente á igualdade de oportunidades xa dende a etapa educativa.

Solicitamos tamén coñecer se, antes da decisión de instalar barracóns de obra, se estudou a opción de empregar as instalación do IESP Cruceiro Baleares, de xeito transitorio até a entrada en funcionamento do novo Instituto, e, de ser así, saber porqué se desbotou.

O BNG demanda solucións urxentes e efectivas aos problemas de escolarización en Culleredo