PLENO MUNICIPAL DO XOVES 27 DE NOVEMBRO

PLENO MUNICIPAL DO XOVES 27 DE NOVEMBRO

Este xoves, ás 20.30 h, está convocado o Pleno municipal do mes de Novembro, ao que o Goberno Municipal presenta a súa proposta de obras do POS e o proxecto de orzamentos do Concello para o 2015, que é levado a Pleno con reparos da Intervención e co informe negativo da Secretaria Municipal, como xa ven sendo habitual nos últimos tempos.


No Pleno debatiranse tamén as mocións de BNG en demanda de melloras nas áreas de Benestar e para a elaboración dun plan para combatir a praga de Herba da Pampa, que podedes consultar na seguinte ligazón:

A orde do día completa é a seguinte:

1.- Aprobación da acta da sesión de data do 30 de outubro de 2014.

2.- Proposta de aprobación inicial do orzamento municipal para 2015.

3.- Proposta de aprobación POS 2015

4.- Proposta de aprobación inicial Ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización.

5.- Proposta de recoñecemento de compatibilidade a profesora do Conservatorio.

6.- Proposta de recoñecemento de compatibilidade a profesor do Conservatorio.

7.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo municipal do BNG relativa á mellora do benestar en Culleredo.

8.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo municipal do BNG relativa á contención e/ou combate do deterioro medioambiental que está a producir a invasión da cortedeira selloana, herba, penacho, plumeiro ou carrizo da Pampa.

9.- Dación de conta de aceptación de cesión para vial público.

10.- Dación de conta do escrito do grupo municipal do BNG relativa á modificción dos titulares e suplentes de comisións informativas.

11.- Dación de conta de seguemento de execución orzamentaria.

12.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía e Concellarías delegadas.

13.- Mocións urxentes.

14.- Rogos e preguntas.

PLENO MUNICIPAL DO XOVES 27 DE NOVEMBRO