O BNG TRANSLADA AO CONCELLO AS QUEIXAS VECIÑAIS POLAS OBRAS DO AEROPORTO

O BNG TRANSLADA AO CONCELLO AS QUEIXAS VECIÑAIS POLAS OBRAS DO AEROPORTO

maquinaria no monte costaO BNG transladou ao Concello, para a súa discusión no pleno da vindeira semana, as queixas dos veciños e das veciñas de Tarrío polas molestias provocadas polas obras de ampliación da pista do aeroporto de Albedro.

Estas queixas refírense principalmente á aparición de gretas nas casas, ao ruído e o polvo que levantan os camións de grandes dimensións que se están a empregar, e que circulan por entre as casas, e á contaminación dos acuíferos subterráneos.

O Bloque Nacionalista Galego de Culleredo pregúntalle ao Goberno Municipal se se están a vixiar as condicións nas que se desenvolven os traballos, e se se cumplen as condicións contidas na Declaración de Impacto Ambiental, como a de que no translado do material usado no recheo se empregue "exclusivamente maquinaria que poida circular por estradas convencionais", ou a impermeabilización do parque de maquinaria onde se realiza o mantemento e repostaxe dos vehículos.

Demándase do Concello que dea translado das queixas ás outras administracións implicadas, e que se apoie ás veciñas e aos veciños nas xestións para conseguir a reparación dos danos provocados polas obras.

A través desta ligazón podedes acceder ao texto completo http://ir.gl/d4e72d

O BNG TRANSLADA AO CONCELLO AS QUEIXAS VECIÑAIS POLAS OBRAS DO AEROPORTO