O BNG solicita a limpeza urxente da maleza nas vías públicas

O BNG solicita a limpeza urxente da maleza nas vías públicas

O Bloque Nacionalista Galego de Culleredo solicita a limpeza urxente da maleza nas vías públicas ao considerar que o proceso polo que se privatiza o mantemento do viario público municipal non se vai resolver até despois do verán, pois as empresas aínda teñen ata o 30 de xuño para presentar as súas ofertas, e despois aínda haberá que valoralas, o que demorará aínda máis o proceso.

O estado actual das vías supón xa un risco evidente tanto para o tráfico de vehículos e peóns, como para a propagación de incendios forestais, o que fai necesaria a súa limpeza no prazo máis curto posíbel.

O BNG propón ao goberno municipal que para a realización destes traballos abra un proceso urxente de selección de persoal para a formación dunha brigada de traballo, no que se teña en conta a inclusión das persoas interesadas en colectivos en risco de exclusión social, en base a criterios como a súa condición de parados e paradas de longa duración, de perceptores da RISGA ou outras análogas.

O BNG solicita a limpeza urxente da maleza nas vías públicas