O BNG demanda a recuperación da Escola Unitaria de Celas e da Reitoral de Castelo

O BNG demanda a recuperación da Escola Unitaria de Celas e da Reitoral de Castelo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, dentro dun plan de recuperación e protección do patrimonio cultural e etnográfico do noso Concello e para a súa posta en valor como xerador de riqueza e dinamizador da zona rural, demanda do Goberno Municipal emprender os trámites para a recuperación da antiga escola unitaria de Celas e da Rectoral de Castelo.

No caso da Escola Unitaria de Celas, a finalidade é conseguir unhas intalacións para, mediante convenio coa Xunta de Galiza, a creación dun campamento xuvenil dende onde organizar actividades no entorno, como campos de traballo ou campamentos de actividades da natureza.

O BNG demanda tamén a implicación do Concello, prestando apoio e asesoramento xurídico aos veciños e veciñas de Castelo que durante moito tempo veñen demandando a recuperación da Reitoral, para acadar a súa cesión polo Arcebispado, á vista dos precedentes existentes nos que as reitorais construídas, como neste caso, polos propios veciños, foron recuperadas para o uso e desfrute do pobo.

Unha vez recuperadas ambas instalacións, e en colaboración coas entidades e asociacións da zona, constituirían unha infraestrutura única na comarca que contribuirían a desenvolver o ámbito do Monte Xalo e aproveitar a súa enorme potencialidade como recurso natural, paisaxístico e deportivo, para uso e desfrute de veciños e visitantes.

O BNG demanda a recuperación da Escola Unitaria de Celas e da Reitoral de Castelo