O BNG demanda a declaración de urxencia para a construcción do novo CEIP

O BNG demanda a declaración de urxencia para a construcción do novo CEIP

Recentemente apareceron declaracións públicas de representantes da Consellaría de Educación das que se deduce que o novo Colexio de Infantil e Primaria non estará en funcionamento até o curso 2017/2018.

Perante estas informacións o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou unha moción, para o seu debate no pleno municipal de mañá xoves 24 de setembro, demandando a declaración de urxencia da construción do novo CEIP e a axilización dos trámites tanto pola Administración autonómica como pola municipal.

A finalidade desta declaración sería conseguir a posta en marcha do centro no curso 2016/2017, e evitar a masificación dos actuais centros, coa consecuente perda de calidade nun servizo e nun dereito fundamental, como é o da Educación.

Estes obxectivos son totalmente factibles de existir vontade por parte dos responsábeis políticos, vontade que entendemos se debería en primeiro plasmar dotando economicamente o proxecto nos orzamentos da Xunta, que actualmente están a comezar coa súa tramitación, tal e como demandou reiteradamente o BNG en anteriores exercizos.

O BNG demanda a declaración de urxencia para a construcción do novo CEIP