O BNG demanda da Xunta a axilización da construción dos novos centros de ensino

O BNG demanda da Xunta a axilización da construción dos novos centros de ensino

Este martes debateuse na Comisión de Cultura do Parlamento Galego a moción do Bloque Nacionalista Galego demandando a urxente solución aos problemas de escolarización en Culleredo, e a axilización pola Xunta da construción dos novos centros.

O deterioro dos centros públicos atenta contra a igualdade de oportunidades

O voceiro do BNG nesa Comisión, Cosme Pombo, denunciou a masificación dos centros xa existentes, e cualificou de “inexplicábel” a decisión da Xunta de non construír o novo CEIP nos terreos propiedade do Concello que este ofreceu no Burgo, obrigándoo o a expropiar novos terreos, nunhas ubicacións que non son, ao noso entender, as máis axeitadas.

Para “garantir o principio de igualdade de oportunidades” e que o servizo educativo “poida desenvolverse cos parámetros de calidade que o alumnado se merece” , Cosme Pombo solicitou da Xunta a axilización da construción dos dous centros, e que o novo IES poida comezar a funcionar no vindeiro curso

Cosme Pombo calificou de desleixo a actitude da Xunta

O deputado nacionalista denunciou o deterioro que se produciu nos últimos anos, ao terse que habilitar para aulas espazos como laboratorios ou un barracón instalado no CEIP de Tarrío, ante o desleixo da Xunta.

Cosme Pombo manifestou a súa esperanza de que a construción non sofra máis retrasos, xa que a Xunta dispón dos terreos e dos permisos de construción tanto do novo Colexio coma do Instituto

O BNG demanda da Xunta a axilización da construción dos novos centros de ensino