O BNG convoca unha asemblea aberta para tratar os problemas do sistema educativo en Culleredo

O BNG convoca unha asemblea aberta para tratar os problemas do sistema educativo en Culleredo

O BNG ten convocada para este xoves, 22 de xaneiro, ás 20.00 horas na Sala de Vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, unha asemblea aberta para tratar a situación da educación pública en Culleredo.

Esta asemblea é a primeira das xuntanzas sectoriais que o Bloque Nacionalista de Culleredo celebrará dentro do proceso de elaboración da súa candidatura e do seu programa, dun xeito aberto e participativo, como o BNG quere que sexa o próximo goberno municipal.

Con ela queremos ter un contacto directo con todas as persoas e sectores preocupadas pola problemática do sector educativo en Culleredo, dado o deterioro do mesmo coa masificación nos centros e o retraso nas prometidas e necesarias novas infraestruturas, e recoller os seus puntos de vista e as súas propostas.

Á reunión asistirá tamén Cosme Pombo, mestre de Educación Primaria e deputado do BNG no Parlamento Galego, onde ten presentado e defendido diversas mocións denunciando o caso de Culleredo.

O BNG convoca unha asemblea aberta para tratar os problemas do sistema educativo en Culleredo