142 nenos e nenas sen praza nas escolas infantís da Xunta

142 nenos e nenas sen praza nas escolas infantís da Xunta

A elevada demanda de prazas nas escolas infantís repítese en Culleredo, quedando en evidencia a xestión da Xunta de Galiza na materia. O Consorcio de Servizos da Igualdade e Benestar publica que son 142 as familias que quedan nas listaxes de agarda nas tres instalacións, radicadas no Burgo, Vilaboa e Fonteculler.

En palabras de Raquel Jabares, voceira do BNG en Culleredo, “queda máis que demostrado que as escolas infantís do municipio de Culleredo non dan para máis”. A concelleira, responsábel tamén da área de Benestar, considera “imperdoable” que esta situación se reproduza “ano tras ano” sen que a Xunta tome medida algunha para evitalo, mellorando “notablemente e con urxencia” a planificación na apertura de escolas infantís en Galicia. “Os criterios da oferta e da demanda deben primar á hora de decidir a creación de novas infraestructuras”, sostén a nacionalista, que lamenta que ás veces sexan criterios “discrecionais” os que marquen estas políticas sociais na Xunta.

A primeira tenente de alcalde ten moi claro que a demanda de prazas que se rexistra en Culleredo debería empurrar a programar unha actuación para crear un carto centro, pero a conselleira de Traballo e Benestar “parece non querer enterarse”.

Jabares asegura que presentará a súa dimisión si se constrúe unha nova escola infantil en Culleredo e logo quedan prazas sen cubrir, dado que se demostraría que está realizando unha petición infundada :“Nestes tempos de crise debemos promover os investimentos sostibles, baseados en necesidades reais”, sostén a concelleira cullerdense.

O Concello de Culleredo aposta polo sistema de escolas infantís públicas para proporcionar un mecanismo inmellorable de conciliación da vida familiar e laboral.

142 nenos e nenas sen praza nas escolas infantís da Xunta