UNIVERSIDADE LABORAL

Visita de Mini á Universidade Laboral

Estado actual da Biblioteca
Estado actual da Biblioteca

Xosé Luís Rivas, Mini, candidato do BNG ao Parlamento Galego, e Ánxela Franco, deputada provincial de Educación e Benestar, visitaron este mércores a Universidade Laboral, acompañados de Tono Chouciño, membros da dirección do Centro, das ANPAs e da Comunidade de Montes de Celas. da comunidade educativa, para coñecer as potencialidades de desenvolvemento que ofrece o propio Centro e escoitar as demandas da comunidade educativa.

Visita de Mini á Universidade Laboral

Esta mañá desenvolveuse unha visita á Universidade Laboral de Culleredo de Xosé Luís Rivas, Mini, candidato do BNG ao Parlamento Galego, e Ánxela Franco, deputada provincial da Área de Educación e Benestar. Malia estar tamén prevista a participación de Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, finalmente non puido participar por un imprevisto de última hora. 

A finalidade da visita era coñecer as potencialidades de desenvolvemento que ofrece o propio Centro e escoitar as demandas da comunidade educativa, participando na mesma, ademais de membros da dirección do Centro, representantes das ANPAs do noso Concello e da Comunidade de Montes de Celas.

A presenza desta asociación ven dada polo apoio do BNG ao proxecto, xurdido da propia comunidade escolar, de instalar na Laboral unha central de calor alimentada por biomasa que dea servizo aos edificios públicos e privados das proximidade, que contribuiría a valorizar os recursos forestais do noso Concello. Outra demanda que o BNG ten defendido ante as distintas Administracións é a reparación da Biblioteca da Laboral, con cargo ao 1,5% cultural dos orzamentos das obras de Fomento, para poñela ao servizo do conxunto dos veciños e veciñas de Culleredo.

Durante a visita puxéronse as bases para desenvolver unhas xornadas de traballo sobre a idea do District Heating, central de calor, entre a dirección da Laboral e a Deputación para coñecer todas as posibilidades deste proxecto, de especial interese polas sinérxias que pode xerar, reforzando a formación dos alumnos e alumnas do Centro en áreas en auxe no últimos tempos, e creando unha oportunidade económica de primeira orde para un sector primario tan maltratado nos últimos tempos.