MOBILIDADE

Queixas polo corte dun camiño en Vilaboa

Camiño da Carballeira cortado
Camiño da Carballeira cortado

Segundo as testemuñas, o camiño da Carballeira trátase dun camiño tradicional que leva moitísimos anos aberto ao público.

O BNG trasladou as queixas recibidas ao Goberno Municipal, preguntando pola situación do camiño e se figura ou non no inventario de camiños públicos.

Queixas polo corte dun camiño en Vilaboa

O BNG dirixiuse ao Goberno Municipal de Culleredo para interesarse pola situación do camiño da Carballeira, ante as numerosas queixas recibidas de veciños e veciñas de Vilaboa ao aparecer cortado cunha cadea impedindo o paso.

As persoas que se dirixiron a este Grupo Municipal expresaron o seu malestar polo corte dun camiño tradicional, que segundo elas levaba moitísimos anos aberto ao público.

Ante estas testemuñas recollidas nos últimos días o BNG solicitou do Goberno Municipal aclaracións, descoñecendo se o corte do camiño e a sinalización prohibindo o paso foi realizada por algunha persoa particular ou polo propio Concello de Culleredo.

No escrito rexistrado o pasado día 3 de xullo, e que a día de hoxe segue sen ser contestado, Tono Chouciño pide a comprobación de se ese camiño figura no inventario de camiños públicos do Concello e que se verifique se ten ou non esta condición.