VIAL18

O Pleno Municipal apoia as alegacións do BNG ao Vial 18

O Pleno aprobou apoiar as alegacións ao Vial 18 presentadas polo BNG, coa abstención de PSOE, PP, Marea e Ciudadanos.

O portavoz do BNG lamentou non dispor do estudo de alternativas demandado polo Pleno por unanimidade, unha mostra máis do desprezo do Goberno do Sr. Rioboo polas súas resolucións.

Lamentou tamén a desautorización do Sr. Ángel Seoane aos edís do seu partido, que votaron a favor das alegacións, ao postularse a favor do proxecto.

 

O Pleno Municipal apoia as alegacións do BNG ao Vial 18

O Pleno Municipal celebrado o pasado xoves aprobou a moción urxente en apoio das alegacións presentadas polo BNG de Culleredo ao proxecto do Vial 18, co apoio do grupo de Alternativa dos Veciños e da edil non adscrita, e a abstención dos restantes grupos.

Tono Chouciño lembrou que o Pleno aprobara en xuño do ano pasado por unanimidade a realización dun estudo das alternativas para a conexión entre a AP9, a terceira rolda e o aeroporto, que incluíse a alternativa da conexión a través da área de servizo da autoestrada en Almeiras. Para o portavoz nacionalista “unha vez máis o Goberno do Sr. Rioboo fixo caso omiso das resolucións do Pleno, desprezando as súas resolucións, aínda que vote a favor e logo as anuncie como logros propios na prensa”.

Lembrou tamén o importante impacto que terá o proxecto sobre o territorio e a súa afectación á vida dos veciños e veciñas de Culleredo, ao prever que a autoestrada pase a 8 carrís nun entorno plemamente urbano afectando a vivendas, centros educativos e sanitarios, sen incluír ningunha medida correctiva nos puntos que xa agora presenta deficiencias, como os accesos ao colexio Isaac Díaz Pardo, as deficientes beirarrúas das pontes, ou a nula insonorización.

O edil do BNG lamentou as declaracións posteriores do Sr. Alcalde de Oleiros, Ángel Seoane, apoiando o proxecto e desautorizando aos edís do seu partido en Culleredo, que votaran a favor das alegacións, un par de días despois de anunciar o nomeamento da candidata.