SEGURIDADE VIARIA

Malestar veciñal polas obras na Avenida de Almeiras

O BNG trasladou ao Pleno Municipal as numerosas queixas recibidas polas obras nas beirarrúas da AC213 ao seu paso por Almeiras

Tono Chouciño solicitou que se convide a persoas que precisan de cadeira de rodas a facer un percorrido polo traxecto, para coñecer a seu parecer.

Débese comprobar se as obras se axustan á normativa vixente.

 

Malestar veciñal polas obras na Avenida de Almeiras

O representante do BNG, Tono Chouciño, trasladou ao Pleno Municipal as numerosas queixas que se están a recibir dos veciños e veciñas polo estado no que quedan as novas beirarrúas que se fixeron na AC213 ao seu paso por Almeiras.

Culleredo dispón dende o 2009 dunha ordenanza de accesibilidade que establece os criterios básicos que se deben ter en conta para a execución de vías e espazos libres no termo municipal, e que se marca como obxectivo a progresiva diminución de obstáculos limitadores, cousa que neste caso non está claro que ocurra.

Tono Chouciño solicitou ao Alcalde que se contacte cos responsábeis das obras para convidar a persoas en cadeira de rodas a facer un percorrido polo traxecto antes da recepción da obra. Para o voceiro nacionalista "é importante saber o parecer destas persoas, que sofren importantes restriccións na súa mobilidade, sobre o resultado das obras. Débese comprobar tamén se as obras se axustan á normativa vixente."