ACHEGAS

O BNG propón melloras no sistema de identificación dos vaos para vehículos

Votación no pleno de maio 2018
Votación no pleno de maio 2018

Para o exercizo actual xa realizamos achegas que non mereceron consideración polo goberno municipal, edado o seu inmobilismo é preciso insistir para acadar melloras que beneficien á veciñanza.

A primeira achega é a instauración dun sistema de identificción daqueles vaos que están ao corrente da taxa anual, tanto a través das placas como a través da páxina web municipal, instaurando un sistema transparente que axude a acabar con posíbeis arbitrariedades.

O BNG propón melloras no sistema de identificación dos vaos para vehículos

O BNG está a estudar propostas para mellorar o sistema de taxas vixente actualmente no Concello de Culleredo, mellorando tanto os ingresos como a seguridade xurídica dos veciños e veciñas. Para o orzamento do exercizo vixente xa se realizaran achegas que non mereceron consideración polo grupo de goberno, pero dado o inmobilismo no que está instalado este goberno municipal, é necesario insistir para acadar melloras que beneficien aos veciños e veciñas de Culleredo.

A primeira destas propostas estará referida á taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública, para o que se propón un sistema de mellora da indentificación daqueles vaos que están ao corrente do pago da taxa anual.

Tono Chouciño, representante nacionalista no Concello de Culleredo, manifestou que ao longo destes últimos anos recibiu queixas veciñais pola dificultade de identificar os vaos que cumplen coas súas obrigas fiscais.
 
Na proposta que se está elaborar recóllese un sistema que facilita a verificación do pagamento da taxa tanto a través das placas identificativas colocadas á entrada dos garaxes, como a través da incorporación dun procedemento informático de comprobación na páxina web do Concello.

O concelleiro do BNG lembra que "entre os expedientes que levou a policía xudicial do Concello, algún era referido aos vaos, precisamente por problemas de verificación", o que pon de manifesto a necesidade de instaurar un sistema que axude a acabar coas posíbeis arbitrariedades.