CEIP RÍA DO BURGO

O BNG pregunta pola situación do CEIP Ría do Burgo

CEIP Ría do Burgo na actualidade
CEIP Ría do Burgo na actualidade

É preciso coñecer se o edificio ten licenza de ocupación e actividade, se os seguros cubren calquera accidente que teña lugar na instalación educativa, e o xeito en que o Concello pensa repor a legalidade urbanísta do Centro

O BNG pregunta pola situación do CEIP Ría do Burgo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo preguntou ao Goberno Municipal pola situación legal na que queda o edificio do colexio Ría do Burgo, trala sentenza xudicial que impón ao Concello o pago dun millón e medio de euros por incumprir o Convenio cos propietarios do terreo, e determina que a parcela está dentro dun plan especial para o acondicionamento da zona verde do Río Trabe.

A sentenza non vai ser recorrida xa que, segundo afirmou o Goberno Municipal, os servizos xurídicos do Concello non atopan base para o recurso. 

Á vista da situación, para o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo é preciso coñecer se o edificio ten licenza de ocupación e actividade, así como se os seguros cubren calquera accidente que teña lugar na instalación educativa, e o xeito en que o Concello pensa repor a legalidade urbanísta do Centro.

Para Tono Chouciño é preciso depurar, tamén neste caso, responsabilidades por unha xestión deficiente, "que lle vai supor ao Concello o desembolso dunha importante cantidade procedente dos impostos e taxas que pagamos todos os veciños e veciñas de Culleredo".

O voceiro nacionalista afirma que "queremos saber en que momento tiveron constancia os responsábeis do departamento de Urbanismo da magnitude do problema, que fixeron dende entón para solucionalo e cal vai ser o procedemento para o pago da sanción".