MOBILIDADE

O BNG pide melloras no proxecto da ponte sobre o tren no Burgo

Solicitamos a introdución de melloras no proxecto construtivo, para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria, eliminando ou cando menos reducindo o obstáculo que supón a ponte para a cohesión urbana no núcleo do Burgo.

O BNG pide melloras no proxecto da ponte sobre o tren no Burgo

No Pleno do pasado xoves o representante do BNG, Tono Chouciño, solicitou a mellora do proxecto de reforma da ponte sobre as vías do tren no Burgo, na rúa Alfonso VII, despois de contrastar as opinións dos veciños e veciñas da zona pola falta de seguridade para vehículos e peóns, ás que o proxecto actual non dá solución.

As queixas veciñais recibidas están motivadas pola escasa visibilidade para os vehículos nos cruces da rúa Alfonso VII, coas rúas do Ferrocarril e Mosteiro de Carracedo, e a estreitez das beirarrúas a ambos lados da ponte, aspectos que non son mellorados na reforma proxectada, que se limita reforzar a estructura da ponte. A proposta do BNG consiste en incorporar o espazo das beirarrúas á zona de circulación de vehículos, habilitando a ambos lados da ponte plataformas para os peóns.

Para Tono Chouciño con esta intervención, de custo limitado, facilitaríase o doble sentido de circulación na Rúa Alfonso VII ao tempo que se reforzaría a seguridade dos peóns. O voceiro nacionalista Lembrou a petición histórica do BNG de soterrar nese punto e en Fonteculler as vías do tren "que supoñen un obstáculo diário para a cohesión da Cross co Burgo, nunha zona con importante vida comercial e de servizos públicos", e que marcou como obxectivo fundamental.

 

 

O BNG pide melloras no proxecto da ponte sobre o tren no Burgo